O trailer de Cicatrices

A SEGUNDA CURTAMETRAXE DE JAIRO IGLESIAS XA TEN TRAILER
A ESTREA ESTÁ PREVISTA PARA FINAIS DE XUÑO
O trailer da nova curtametraxe do realizador santiagués Jairo Iglesias, Cicatrices, xa está dispoñible na páxina web http://cicatrices.produccionesretrato.com.
Aquí, colócovos unha ligazón en Youtube
A cinta que conta cos coñecidos actores galegos Isabel Branco, Xavier Deive e Estíbaliz Veiga conta a historia de tres persoas que tentan supera-lo seu pasado en terapias de grupo.
Producciones Retrato, produtora de Iglesias e Sara Horta ten previsto estrear a finais de Xuño en A Coruña, onde se rodou a curtametraxe a mediados de febreiro. Despois da súa estrea oficial, teñen previsto proxectala tamén a Santiago de Compostela, Pontevedra, Lugo e Ourense, así como participar en distintos festivais, mostras de curtas e coloquios sobre o mesmo.
Cicatrices ten unha duración de 12 minutos, e foi gravado en Alta definición o inverno pasado. Está coproducido por Formatoriginal e conta coa colaboración de Hoteles Zenit.
FICHA ARTÍSTICA
ELENA ISABEL BLANCO
EL XABIER DEIVE
MAR ESTÍBALIZ VEIGA
FICHA TÉCNICA
Producciones RETRATO PRESENTA
EN COPRODUCCIÓN CON FORMATORIGINAL E COA COLABORACIÓN DE HOTELES ZENNIT
UNHA CURTAMETRAXE DE JAIRO IGLESIAS
PRODUCIDO POR SARA HORTA
JAIRO IGLESIAS
PRODUTOR ASOCIADO ANDRÉS VICTORERO
AXTE. DE DIRECCIÓN SARA HORTA
GUIÓN JAIRO IGLESIAS
DIRECTOR DE FOTOGRAFÍA ANDRÉS VICTORERO
DIRECTORA DE CASTING JORGELINA DRAGONE
MÚSICA NICOLÁS CASAL
DIRECCIÓN ARTÍSTICA RUTH CASADO
SON YAGO PICO
AXTE. DE SON NATALIA CANCELA
OPERADORES DE CÁMARA RAFAEL MALLO / RODRIGO CHICO ALBERTO RODRÍGUEZ / DIANA DÍAZ
ELÉCTRICO SERGIO GONZÁLEZ
MAQUILLAXE NATALIA FERNÁNDEZ
FOTO FIXA RUTH CASADO
PUBLICIDADE E RRPP ANDRÉS ROZADOS
GRIP/ CATERING MARÍA MARTÍNEZ
SCRIPT DAVID VÁZQUEZ
INFORMACIÓN DE PRODUCIÓN
DURACIÓN 12 minutos.
FORMATO DE GRAVACIÓN ALTA DEFINICIÓN [HD]
LOCALIZACIÓNS A CORUÑA RODAXE 3 DÍAS
SINOPSE
Elena foi unha muller maltratada polo seu marido. Mar saíu adiante exercendo a prostitución. El é un ex alcohólico.
Tres pasados que superar en terapias de grupo.
0 comentarios